Empresa

Cávea Producións é unha compañía constituída no ano 2006 que comezou unha nova etapa sete anos despois (2013) a través dunha nova sociedade mercantil (Producións Coruñesas SL).

A nosa actividade principal é a contratación e produción de todo tipo de espectáculos (concertos, musicais, danza, actividades infantís e de entretemento).

Temos experiencia na xestión de espazos culturais e organización de eventos corporativos. 

Cávea sempre priorizou a excelencia na produción dos seus espectáculos e eventos, e o noso ámbito de actuación até a data circunscríbese aos principais recintos de Galicia.

Nesta etapa máis recente fomos os promotores das últimas citas en Galicia de Raphael, Dulce Pontes, bROTHERS iN bAND, Sara Baras e Sergio Dalma, así como desenvolvemos diversos concertos dos Secretos, Luz Casal, Fito e Fitipaldis, Duncan Dhu, MClan, Hombres G, Paloma San Basilio, Manuel Carrasco, Rosario Flores, Noa, Andrés Calamaro, Jose Luís Perales, Bustamante, Bertín Osborne, Vanesa Martín, Jarabe de Palo, Gente de Zona, Robe Iniesta, Andrés Suárez ou India Martínez ,entre outros, ademais de diferentes family shows como Clan ou Paw Patrol.

Histórico:

2006

Joaquín Sabina, Maceo Parker, Paco de Lucía, La Oreja de Van Gogh, Omar Faruk Tekbilek, Katia Guerreiro e o ciclo Jazz en Outono foron os nosos primeiros espectáculos producidos en diferentes recintos de Galicia (Teatro Jofre de Ferrol, Praza dá Quintana de Santiago de Compostela, Coliseum da Coruña, Teatro Principal de Ourense e nos auditorios da entón Fundación Caixa Galicia de Ferrol, Pontevedra e A Coruña).

O auditorio desta última sede foi inaugurado cun extraordinario concerto de Luz Casal, que repetiu éxito uns meses despois no Teatro Rosalia Castro da Coruña, en concertos producidos por Cávea.

Ese primeiro exercicio da compañía impulsouna como promotora de referencia en Galicia.

 

2007-2012

No ano 2007 fomos promotores de grandes concertos nos recintos de maior aforamento de Galicia.

A banda mejicano Maná, que congregou a 30.000  espectadores no Monte do Gozo de Santiago,  Sabina & Serrat que reuniron a 13.000 espectadores na Praza do Obradoiro, batendo un record de vendas, e os concertos de David Bisbal na Coruña e Pontevedra e Alejandro Sanz no Coliseum da Coruña, foron os máis destacados.

En febreiro de 2007 Cávea Producións reinauguró o Teatro Colón da Coruña, facéndose cargo da súa xestión e programación (febreiro 2007- xaneiro 2012), organizando 698 espectáculos (unha media aproximada de 140 anuais), con 448.200 espectadores, e unhas porcentaxes de ocupación media do 75,8%.

O Teatro Colón converteuse en referencia cultural na cidade da Coruña e en toda Galicia, incluíndo dentro da súa programación unha coidada e variada programación musical, teatral, espectáculos infantís, de danza, etc.

A música tivo un especial protagonismo na nosa etapa de xestión, con inesquecibles concertos como os ofrecidos por Ute Lemper, Dulce Pontes, Mariza, Toquinho, Los Secretos, Ara Malikian, Cesaria Evora, David Murray, a Orquestra Barroca de Sevilla, Quique González, The Golden Gate Quartet, Elliot Murphy, Maria Dolores Pradera, Les Petits Chanteurs de Saint Marc, Ana Moura, The Glen Miller Orchestra, Noa, Marlango, Raphael, Elefthería Arvanitaki, Arturo Sandoval, Concha Buika, Chucho Valdés, Pitingo, Luar na Lubre, Pasión Vega, Paloma San Basilio, Diana Navarro, Nacho Vegas, María Bayo, Alberto Cortez, Aute, Sergio Dalma, Win Mertens, Micah P.Hinson, Russian Red, Dominique A, Sir John Elliot Gardiner, Anne-Sophie Mutter, Jorge Drexler, David Bustamante, M-Clan, Revolver, Víctor Manuel, Ludovico Einaudi, Ainhoa Arteta, e Loquillo, entre os máis destacados.

As táboas do Colón acolleron durante ese cinco anos as máis destacadas comedias e obras teatrais das carteleiras españolas, os mellores musicais e aos máis destacados monologuistas, e o noso ciclo de teatro infantil encheu as matinais dos domingos dun público familiar.

Aida Gómez, o ballet de Julio Bocca, Víctor Ullate, Ballet Nacional de Lituania, Ballet Nacional de Uruguai (SODRE), Ballet de Antonio Gades, Ballet Nacional de Cuba, ballet de Angel Corella ou a maxia de Mómix, converteron ao Teatro Colón en referente da danza na cidade da Coruña.

O Colón foi durante esta etapa un caixón de xastre onde tiveron cabida todos os estilos e públicos.

Mención á parte merece a solemne entrega das medallas de ouro das belas artes, coa presenza de SS MM os Reyes de España (2008) e o máis selecto do mundo da cultura e das artes.

En abril de 2007 organizamos tamén os actos inaugurais de cása da auga da Coruña, un acto que reuniu ás primeiras autoridades da cidade, e a máis de mil invitados que desbordaron coas súas peticións as previsións iniciais.

Unha espectacular gala, na que participaron o grupo catalán Els Comediants e a selección española de natación sincronizada, que acababa de lograr a medalla de ouro no mundial de Melbourne, gala que foi destacada pola prensa local como "o mellor evento desas características xamais visto na cidade da Coruña".

2008

No ano 2008 trouxemos ao colombiano Juanes ao Multiusos Fontes do Sar de Santiago, aos Hombres G con senllos concertos no Coliseum da Coruña e Praza de Touros de Pontevedra, Enrique Bunbury (Coliseum), así como unha xira por catro cidades galegas co grupo The Cabriolets.

Entre os anos 2007-2010 esta compañía programou por toda Galicia o ciclo "Vangardas Sonoras", co máis selecto da música indie e alternativa: Elliot Murphy, Micah P.Hinson, Camera Obscura, Nacho Vegas & Cristina Rosenvinge, The Wave Pictures, Alondra Bentley e Anni B.Sweet, entre outros, que encheron todos os concertos, convertendo a este pioneiro ciclo en Galicia en marca de calidade, e referencia en Galicia dentro dese estilo musical.

Ciclos como "Lusofonías, voces de muller", o ciclo de música brasileira, Jazz en outono, ou o ciclo "tres culturas", incluíron dentro deses programas a artistas como Dulce Pontes, Mariza, Toquinho, Eliane Elías, David Murray, Noa ou Eleftheria Arvanitaki, en diversos teatros e auditorios galegos.

Xa en 2009 abrimos a nosa programación a Vigo, programando diversos concertos no teatro Salesianos como os de Concha Buika, Josh Rouse, Nacho Vegas, Ara Malikian & Fernando Egozcúe e Diana Navarro, e senllos concertos en Vigo e Ourense do grupo folk Luar na Lubre.

Con motivo do 25 aniversario de Radio Coruña (Cadena "SER"), Cávea produciu para esta emisora o concerto de Christopher Cros no Palacio da ópera da Coruña, así como un pequeno recital da artista coruñesa Rosa Cedrón dentro do acto de entrega de premios da emisora celebrado en Palexco.

No ano 2011 promovemos no Palacio da ópera da Coruña o espectáculo infantil "Bob Esponja, a esponja que quería volar"  e programamos no teatro García Barbón de Vigo os concertos de Rosa Cedrón & Cristina Pato, Mercedes Peón e Víctor Manuel.

Xa no ano 2012 esta compañía abarrotou o Palacio da Ópera da Coruña co primeiro concerto de Pablo Alborán na Coruña, e programamos o ciclo "noites de trasgo e fado" coa presenza do mestre do Fado Carlos do Carmo, e da gran figura da Copla e o Flamenco Miguel Poveda.

No outono, o Palacio da Ópera acolleu senllas funcións familiares de Cantajuego, e o marabilloso espectáculo flamenco da bailaora Sara Baras "La Pepa".

 
Gallego